TY - BOOK AU - Risco,Vicente TI - Teoria do nacionalismo galego PY - 1966/// CY - Buenos Aires PB - Homaxe KW - Nacionalismo N1 - Vicente Risco define a nación galega como un fenómeno natural e esencialista, fundamentado na terra, a raza, a lingua, a mentalidade e o sentimento colectivo. Para el, Galicia forma parte da civilización atlántica e céltica, en contraste coa cultura mediterránea do resto de España. Esta perspectiva integraba determinismo xeográfico, tradicionalismo cultural, irracionalismo filosófico e etnografía, ofrecendo un relato da identidade galega como algo preexistente á vontade política ou individual. No plano ideolóxico, Risco apostou por unha estratexia culturalista: rexeitou a política activa ou electoral como forma de non “contaminar” o movemento galeguista. A súa proposta era a de consolidar Galicia primeiro como comunidade nacional desde a cultura, e unha vez estruturada moral e espiritualmente aínda que non institucionalmente, actuar na esfera política. Esta posición conduciu á ruptura das Irmandades da Fala en 1922 e á creación da Irmandade Nazonalista Galega, trala que impuxo o abstencionismo activo e unha disciplina interna centralizada baixo o seu liderado ER -