Entre as distintas posturas que os profesores temos diante do ensino, nunha cousa amosámonos todos de acordo: ten que ser cada vez máis activo, dadas as actitudes do alumno na aula, que son de todos coñecidas e que non vén a conto analizar aquí. Fase pois necesario que o discente participe, facendo moitos exercicios, que lle permitan adquirir uns coñecementos que non estaría disposto a recibir, dunha forma pasiva, escoitando as longas explicacións do docente.