Centro Gallego de Mar del Plata

Catro novelas sentimentais.

Fonte, Ramiro

Catro novelas sentimentais. - 172 páginas

A historia que trata da humillación de sobrevivir ó heroe, a outra que fala dos misteriosos lazos que amor tende ás persoas, a terceira que suxire a fraternal conmiseración dos condenados a morte e as súas quebrantadas fidelidades, e a cuarta, en fin, que trata da fraxilidade do entusiasmo, son catro retallos das vidas de homes sós, que confirman a súa soidade no comercio xestual cos outros e mais no xogo confuso dos afectos e as saudades. Estas Catro novelas sentimentais de Ramiro Fonte son catro crónicas dos comúns heroísmos e traxedias dos días, ofrecidas a través da conxunción dunha visión realista a unha prosa lírica que tinxe de nostalxia e desesperanza as paixóns e os acontecementos, dando profundidade de campo ós escenarios, ós personaxes e ós móbiles que os animan. Realismo lírico: un feliz achegamento dun poeta a un xénero narrativo.

8475073034


Literatura
Novela


Novela Romántica

82-32=134.4
©2023 Centro Gallego de Mar del Plata - [ Con tecnología Koha / Infodoc ]